Volver

Arrabeas porque canto

Centro: IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Encontros con cantareiras, obradoiros de canto e de música tradicionais, representación teatral, bailes... son só algunhas mostras da completísima programación de actividades promovidas no IES Plurilingüe Eusebio da Guarda da Coruña para celebrar o Día das Letras Galegas 2025. Homenaxes todas que reflicten a profunda admiración pola nosa poesía de tradición oral e polas persoas que nola transmitiron, particularmente, as nosas cantareiras e pandeireteiras.