Volver

II Xornada sobre Variación e Cambio Lingüístico

Organizada polo Instituto da Lingua Galega e o Centro de Línguas, Literaturas e Culturas da Universidade de Aveiro, vai ter lugar o luns 9 de outubro no salón de graos da Facultade de Filoloxía da USC.

Este evento pretende ser un encontro de investigadores e investigadoras para promover e difundir os traballos sobre a variación e o cambio lingüístico nas linguas románicas. Esta segunda edición céntrase no estudo da variación e do cambio lingüístico en espazos urbanos. O propósito fundamental é incentivar o interese pola investigación lingüística, desde distintas perspectivas e con diferentes obxectivos, nas cidades e nos núcleos de concentración de poboación.

Isabel Molina Martos, da Universidade de Alcalá de Henares, e Leonardo Lennertz Marcotulio, da Universidade de Aveiro, son os relatores convidados. Ademais, cóntase coa presentación de sete comunicacións a cargo de investigadores e investigadoras de diversos puntos da península.