XXXVII Certame internacional de poesía Rosalía de Castro
Promovido pola Asociación Cultural Rosalía de Castro, de Cornellá (Barcelona)
O poema estará escrito en lingua galega e terá un mínimo de trinta versos e un máximo de cen versos.Admitiranse conxuntos de poemas con temática común, sempre que non excedan dos cen versos.
Prazo máximo de entrega: 15 de outubro de 2023.
O veredicto darase a coñecer na cea de convivio das Xornadas Culturais que a A.C.G. Rosalía de Castro celebrará en outono de 2023.