Volver

VIII Xornada de Onomástica Galega

Organizada pola Real Academia Galega, celébrase o sábado 21 de outubro.

A xornada está dedicada á relación entre a onomástica e a cultura popular. O encontro organízase coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra, que acollerá todas as sesións no salón de actos do Edificio Castelao.

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a publicacions@academia.gal antes do 18 de outubro seguindo as indicacións que se especifican no programa. As sesións poderán seguirse en directo dende academia.gal.