No mes en que se conmemora o Día de Rosalía de Castro celebrarase a cuarta edición desta iniciativa colaborativa que impulsan o Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a formación Canto D'Aqui, a Câmara Municipal de Braga e as juntas de frêguesia de Nogueiró e Temões co obxectivo de irmandar as dúas beiras do Miño a través da música, da poesía e da palabra. Será do 18 ao 25 de febreiro de 2018.
A nova xira europea do grupo inclúe un evento musical no IE Cañada Blanch.
A nova xira europea do grupo inclúe unha visita a París.
Filme de Fernando Cortizo que será proxectado no marco do ciclo "O cinema galego hoxe" organizado polo Centro de Estudos Galegos John Rutherford de Oxford
O Centro de Estudos Galegos de Cork (Irlanda) organiza este venres o congreso New Research on Galician Migrations, no que participaran o propio director do centro, Martín Veiga, o profesor de Bangor David Miranda e a galega de Escocia Māiri Alonso.
Tamén se proxectará o documental Apuntamentos para un filme, de Margarita Ledo Andión.
Un ano máis, o Centro de Estudos Galegos de Vitoria organiza a tradicional festa do magosto.
Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Barcelona a cargo de Eva García Fernández.
Os escritores galegos María Lopo e Claudio Rodríguez Fer darán a coñecer no Centro de Estudos Galegos de París o poemario O amour fou.
Coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, a Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU) celebra o seu sexto Simposio de Lingüística Hispánica e Lulsófona, que desta volta inclúe a conferencia plenaria "Ultrapasando fronteiras: continuidades fonéticas entre o galego e o portugués europeo" a cargo do profesor da Universidade de Santiago de Compostela Xosé Luís Regueira.
O Centro de Estudos Galegos da Freie Universität de Berlín, en colaboración co lectorado de catalán, organiza unhas Xornadas de Memoria Histórica que inclúen conferencias e a proxección de filmes documentais.