Temos dispoñibles para consulta 444 actividades
Homenaxe a Carlos Casares
28/04/2017 13:37

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de São Paulo celebra as Letras Galegas en colaboración coa Sociedade Hispano-Brasileira.

A incrible historia da lingua portuguesa
18/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de Lisboa, en colaboración co Centro Galego de Lisboa e coa Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade de Lisboa organiza a presentación do libro A Incrível História Secreta da Língua Portuguesa, do profesor Marco Neves.

A obra ofrece unha amena, á par que rigorosa, visión da lingua portuguesa na que non poden faltar as referencias a Galicia e ao galego.

O ximnasio dos verbos
11/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de Heidelberg creou unha aplicación para practicar e aprender os verbos (semi)irregulares do galego.

A literatura como músculo a fortalecer nas aulas
05/05/2017 07:30

Centro de Estudos Galegos de Estremadura, no marco da programación que ofrece para conmemorar as Letras Galegas 2017, propón un obradoiro-coloquio a cargo de David Pérez.

O título completo da actividade é A literatura como músculo a fortalecer nas aulas (experiencias dun docente coa cabeza na nube e as ideas nun pendrive).

O encargado do relatorio ser David Pérez.

I Xornadas do audiovisual galego en Cáceres
05/05/2017 07:30
No marco da Semana das Letras Galegas en Cáceres, o Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura organiza as I Xornadas do audiovisual galego.

Os días 16, 17 e 18 de maio proxectaranse, respectivamente, Querida Gina, Lobos Sucios e As altas presións. Os filmes poderán verse en galego con subtítulos en castelán.
Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro
05/05/2017 07:30

No marco das actividades que con que o Centro de Estudos Galegos celebra a Semana das Letras Galegas na Universidade de Estremadura, poderá verse a exposición Manuel Rodríguez López. Emigrante galego, poeta obreiro.

Casares, escritor do seu tempo
05/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos de Estremadura réndelle homenaxe ao autor das Letras Galegas coa conferencia de David Pérez Casares, escritor do seu tempo.

A actividade forma parte das propostas do lectorado para celebrar o Día das Letras Galegas 2017

Poetas galegos
05/05/2017 07:30

O Centro de Estudos Galegos da Universidade de Estremadura presenta a Semana das Letras Galegas cun concerto.

Durante o acto, José López Santana interpretará poetas musicados de autores como Curros Enríquez, Álvaro Cunqueiro ou Manuel María.

Música tradicional no occidente galego e asturiano: do galego máis occidental ao máis oriental
03/05/2017 07:30

Os centros de estudos galegos de Vitoria e de Deusto organizan dúas conferencias sobre música tradicional galega.

Contando a Carlos Casares
03/05/2017 07:30

Diversos centros de estudos galegos convidaron o director do documental Contando a Carlos Casares, Gonzalo Veloso, a presentar o seu traballo nas súas respectivas universidades.