Volver

FALAREDES 2017

A galiña azul

FalaRedes 2017 ábrese cunha actividade que, sen deixar de servir aos obxectivos de promoción do galego que guían dende sempre este programa de dinamización lingüística, constitúe tamén unha homenaxe ao autor a quen a Real Academia Galega lle dedica este ano o Día das Letras Galegas: Carlos Casares. Trátase de A galiña azul, unha adaptación teatral do libro de relatos homónimo escrito por Casares destinada a público de 6 a 10 anos e ás súas familias.

  • A galiña azul

    A galiña azul

  • A galiña azul

    A galiña azul

  • A galiña azul

    A galiña azul

  • A galiña azul

    A galiña azul

  • A galiña azul

    A galiña azul

A galiña azul contén cinco historias entrelazadas que transmiten mensaxes tan importantes como a defensa da diversidade lingüística, a importancia das diferenzas ou a liberdade de expresión. Para iso, a compañía responsable da adaptación, Ubú Teatro, emprega diferentes técnicas, como a narración oral, a manipulación de monicreques ou o clown.

Cada familia asistente recibirá, ao finalizar a representación, un exemplar do libro de Carlos Casares A galiña azul en edición especial para a Rede de Dinamización Lingüística.

Baixo xestión de Editorial Galaxia, esta actividade do FalaRedes chegará esta primavera a 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística. Velaquí os primeiros lugares e datas onde fará parada:

 

 

Axenda de FalaRedes 2017. A galiña azul

Data e hora

Lugar

Concello

Provincia

3 de marzo, 18:00Auditorio MunicipalValgaPontevedra
4 de marzo, 12:30Salón GarcíaVilagarcía de ArousaPontevedra
4 de marzo, 17:30Auditorio MunicipalRibeiraA Coruña
5 de marzo, 12:00Capela do Centro Cultural Municipal Torrente BallesterFerrolA Coruña
5 de marzo, 18:30Casa da CulturaMelideA Coruña
10 de marzo, 18:30Salón de actos da Casa da Cultura Poeta Manuel MaríaFozLugo
11 de marzo, 18:30Casa da XuventudeMondoñedoLugo
17 de marzo, 20:00Teatro Lauro OlmoO Barco de ValdeorrasOurense
18 de marzo, 18:00Local Xente Nova de TabeaioCarralA Coruña
19 de marzo, 12:00Centro Cultural A FábricaOleirosA Coruña
24 de marzo, 18:30Casa da Cultura Poeta Lois PereiroMonforte de LemosLugo
25 de marzo, 18:00Auditorio Constante ListeTeoA Coruña
26 de marzo, 12:00Salón de actos da Casa da CulturaXinzo de LimiaOurense
27 de marzo, 18:00Espazo Cultural Lorenzo VarelaMonterrosoLugo
31 de marzo, 18:00Auditorio da XunqueiraRedondelaPontevedra
1 de abril, 18:00Auditorio da Casa da Cultura de BertamiránsAmesA Coruña
2 de abril, 12:00Auditorio da Casa da CulturaRibadaviaOurense
2 de abril, 17:00Sala Azul do Auditorio MunicipalOurenseOurense
8 de abril, 18:00Auditorio V CentenarioBaionaPontevedra
11 de abril, 18:30Museo Ramón María AllerLalínPontevedra
12 de abril, 18:00Auditorio MunicipalCangasPontevedra