-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
O galego campa 2016
Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.
Dinámicas de educación global en 17 campamentos
Este ano, O galego campa volve chegar a 17 campamentos da Xunta de Galicia que se desenvolven no marco do programa Acción de Verán 2016 :
- Albergue Municipal Quiroga (Quiroga, Lugo). Campamento "Explora o Courel"
- Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro, A Coruña). Campamento "Candilexas"
- Campamento Xuvenil Furelos (Melide, A Coruña). Campamento "Natureza no Camiño"
- Campamento Xuvenil A Illa de Ons (Bueu, Pontevedra). Campamento "Big Bang Illa"
- Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei, Pontevedra). Campamento "A miña primeira aventura"
- Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa, Pontevedra). Campamento "Actividades no mar"
- Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín, Lugo). Campamento "A miña primeira aventura"
- Albergue Penedos de Xacinto (Entrimo, Ourense). "Teatro e aventura na natureza"
- Campamento Xuvenil Pontemaril (Forcarei, Pontevedra). Campamento "Aventura na natureza"
- Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo). Campamento "Aventura_T"
- Albergue Xuvenil Area (Viveiro, Lugo). Campamento "Natureza: medioambiente mariño e náutica"
- Campamento Xuvenil Virxe de Loreto (Porto do Son, A Coruña). Campamento "Natureza xunto ao mar"
- Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo, A Coruña). Campamento "Actividades no mar"
- Estación de Montaña de Manzaneda (Manzaneda, Ourense). Campamento "Manzaneda, alta montaña"
- Complexo O Corgo (Muíños, Ourense). Campamento "Vive a natureza"
- Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo, Lugo). Campamento "Multiaventura: medioambiente e mar"
- Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei, Lugo). Campamento "Multiaventura nos Chacotes"
Nestes campamentos desenvolverase algunha das 7 dinámicas con que se acaba de enriquecer o Repositorio dixital do tempo libre en galego. Trátase de adaptacións de propostas dos programas de mocidade mocidade e inclusión social do Consello de Europa e do centro de recursos SALTO da Comisión Europea que, por primeira vez, se poñen a disposición do monitorado nunha das linguas cooficiais de Galicia para que lle sexan máis accesibles. A diferenza dos recursos ata agora existentes no repositorio, non se trata de actividades soltas, senón de series completas que xiran arredor dalgún aspecto da educación democrática e para os dereitos humanos.
O monitorado da campaña Acción de Verán 2016 ten ocasión de elixir, entre as 7 propostas, aquela dinámica que se axusta máis a cada campamento e de implicarse na súa posta en marcha.