Redecinema

 En xullo e agosto volve Redecinema, un programa de verán que emprega o cine como ferramenta de dinamización lingüística, cos obxectivos de promover a creatividade con base en galego e aumentar a oferta de produtos de ocio e cultura na nosa lingua

  • Redecinema en Sanxenxo

    Redecinema en Sanxenxo

  • Redecinema en Sanxenxo

    Redecinema en Sanxenxo

  • Redecinema en Sanxenxo

    Redecinema en Sanxenxo

  • Maimiño e o espello máxico

    Maimiño e o espello máxico

  • A praia dos afogados

    A praia dos afogados

  • 9 ondas

    9 ondas

 A Consellería de Cultura e Educación -a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC)- recupera para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística esta iniciativa que en 2013 levou por Galicia adiante o filme Vilamor.

Redecinema chegará desta volta a Abegondo, Boimorto, Boiro, Noia, Vedra, Foz, Mondoñedo, Taboada, Celanova, O Carballiño, O Pereiro de Aguiar, A Cañiza, Marín, Pontecesures, Redondela, Sanxenxo e Soutomaior.

Desta volta, os 17 concellos participantes poderán escoller entre tres (co)producións galegas recentes:

Todas as proxeccións, en formato de cine de verán (con gran pantalla en exterior), serán de acceso libre e de balde.

Obxectivos emanados do Plan xeral de normalización da lingua galega

Os obxectivos do programa Redecinema entroncan cos recollidos no Plan xeral de normalización da lingua galega, que aspira a promover a creatividade con base en galego e mais a aumentar a oferta de produtos de cultura e de ocio na nosa lingua. En especial, Redecinema persegue:

  • promover o uso do galego nas actividades lúdicas e de lecer
  • visibilizar a acción dinamizadora en lugares abertos e públicos
  • potenciar artistas e dinamizadores galegos
  • favorecer a incorporación do galego á programación das actividades para o verán realizadas nos concellos

Calendario de proxeccións

Xullo

  • Sábado 22, Sanxenxo. Maimiño e o espello máxico, na praza dos Barcos, ás 22:30 h (en caso de choiva, no auditorio do Pazo Emilia Pardo Bazán)
  • Xoves 27, Boimorto. Maimiño e o espello máxico, na rúa do campo do Rosario, ás 22:00 h (en caso de choiva, na Casa da Cultura)
  • Venres 28, Pontecesures. Maimiño e o espello máxico, na praza, ás 22:00 h (en caso de choiva, no Centro Social)

Agosto

  • Xoves 3, O Carballiño, Maimiño e o espello máxico, na Praza Maior, ás 22:30 h (en caso de choiva, no Auditorio Municipal)
  • Venres 11, Abegondo, Maimiño e o espello máxico, no Campo da Feira, ás 22:00 h (en caso de choiva, no Centro Cultural O Salón)
  • Xoves 17, Soutomaior, Maimiño e o espello máxico, na alameda Talo Río, ás 22:00 h (en caso de choiva, no Multiúsos de Arcade)
  • Venres 18, Redondela, Maimiño e o espelllo máxico, na Alameda (a carón da estatua de Castelao), ás 21:45 horas (en caso de choiva, no Auditorio do Multiúsos da Xunqueira)
  • Sábado 19, Celanova, Maimiño e o espello máxico, no Claustro Barroco, ás 22:00 h (en caso de choiva, no salón de actos do claustro)
  • Domingo 20, Taboada, A Praia dos Afogados, na alameda, ás 22:00 h (en caso de choiva, na Casa da Cultura)
  • Venres 25, A Cañiza, 9Ondas, na Praza Maior, ás 22:30 h (en caso de choiva, na Casa da Cultura)
  • Sábado 26, Marín, 9 Ondas, na Praza do Reloxo, ás 23:00 h (en caso de choiva, no Multiúsos do Mercado)
  • Luns 28, Noia, 9Ondas, na Praza do Tapal, ás 22:00 h (en caso de choiva, no Coliseum Noela)
  • Martes 29, Boiro, A Praia dos afogados, na Praza de Galicia, ás 22:00 h (en caso de choiva, na Casa da Cultura)
  • Mércores 30, Foz, Maimiño e o espello máxico, na Praza do Conde de Fontao, ás 22:00 h (en caso de choiva, na Casa da Cultura)
  • Xoves 31, Mondoñedo, A Praia dos afogados, na praza do Concello, ás 22:00 h (en caso de choiva, na Casa da Xuventude)


Setembro

  • Mércores 6, Vedra, Maimiño e o espello máxico, no campo da festa, ás 22:00 h (en caso de choiva, no Centro Sociocultural)
  • Venres 22, O Pereiro de Aguiar, A praia dos afogados, na Praza do Concello, ás 21:30 h (en caso de choiva, na Aula Multiúsos do Centro de Día)

Axenda