O galego campa 2017

Bota a andar unha nova edición do programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado cos obxectivos de favorecer o desenvolvemento da actividade en galego no contexto dos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais de facilitarlle formación e recursos ao monitorado para a realización de actividades que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua.

O galego campa nas actividades de verán para a mocidade da Xunta de Galicia. A undécima edición deste programa de dinamización lingüística bate o seu propio récord e fai parada en 19 campamentos que se celebran en xullo e agosto en 15 instalacións diferentes. Deste xeito, chega a 1500 rapaces e rapazas participantes na Acción de Verán 2017 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e aos seus monitores e monitoras. Velaquí os campamentos onde se desenvolverá:

  • Bib bang Illa. Campamento Xuvenil Illa de Ons (Bueu)
  • Explora o Courel. Albergue Municipal de Quiroga
  • Bailamos? Albergue Equal (Coles)
  • Candilexas. Campamento Xuvenil Espiñeira (Boiro)
  • Aventura_T. Campamento Xuvenil Os Chacotes (Palas de Rei)
  • Natureza no Camiño. Campamento Xuvenil Furelos (Melide)
  • Multiaventura: medioambiente e mar. Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo)
  • Acampada a carón do mar. Campameneto Xuvenil A Devesa (Ribadeo)
  • Teatro e aventura na natureza. Albergue Xuvenil Penedos de Xacinto (Entrimo)
  • Aventura nas Mariñas. Albergue Xuvenil Marina Española (Sada)
  • A miña primeira aventura. Albergue Xuvenil Pontemaril (Forcarei)
  • Aventura na natureza. Albergue Xuvenil Pontemaril (Forcarei)
  • Multiaventura. Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo)
  • Laboratorio de ideas. Albergue Xuvenil Gandarío (Bergondo)
  • Hípica e natureza. Albergue Equal (Coles)
  • Ven a explorar con nós. Complexo O Corgo (Muíños)
  • Natureza xunto ao  mar. Campamento Xuvenil Virixe de Loreto (Porto do Son)
  • Actividades no mar. Albergue Xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa)
  • Manzaneda alta montaña. Estación de Montaña de Manzaneda

Axenda

Ver todas