-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
Actividades Desaparafusador de gominola
Para a primeira edición do programa “O galego campa” nos campamentos de verán 2011, a Secretaría Xeral da Lingua produciu un disco orixinal (titulado Desaparafusador de gominola) con cancións de estilos diversos (funky, folk, rap...), compostas e interpretadas por profesionais da música galega de primeira liña.
O disco, que actúa como fío condutor do programa, vai acompañado dunha proposta de actividades variadas para desenvolver nos campamentos, con dinámicas lúdicas que pretenden favorecer o desenvolvemento do xogo en galego por parte dos rapaces e rapazas asistentes. Estas actividades, realizadas por Tagen Ata, constrúense sobre metodoloxías habituais neste tipo de espazos, nos que se poden levar a cabo actividades distendidas nun clima aberto, sen descoidar a reflexión e a aprendizaxe e favorecer unha relación de respecto e valoración positiva do contorno e das características culturais e sociais de Galicia. As actividades deste ano teñen como destinatarios principais os nenos e nenas de 9 a 12 anos.
Os monitores e monitoras, desde a súa posición de axente formador, teñen a posibilidade de difundir e sensibilizar nos valores máis positivos da sociedade e de favorecer dinámicas entretidas e divertidas para os rapaces e rapazas. Ao mesmo tempo, contribúen a que estes desenvolvan as máis diversas habilidades, entre elas, tamén as da comunicación. Este labor debe fortalecerse a través da formación previa dos monitores e as monitoras, polo que este programa vai precedido dunha sesión formativa desenvolvida pola Secretaría Xeral da Lingua coa colaboración da Dirección Xeral de Xuventude, para que a dirección dos campamentos e os monitores e monitoras coñezan os recursos e a metodoloxía propostos neste programa e, así, facilitarlles tamén a realización da súa tarefa.
Documentos relacionados
-
Ficha de actividade. Móvete e canta PDF
-
Ficha de actividade. Pintamos a música PDF
-
Ficha de actividade. Creamos cancións PDF
-
Ficha de actividade. Desaparafusador PDF
-
Ficha de actividade. Xogamos coa risa PDF
-
Ficha de actividade. Xogo das orquestras PDF
-
Ficha de actividade. Un bingo cheo de persoas PDF
-
Ficha de actividade. Unha historia de medo PDF
-
Ficha de actividade. Cambiamos o conto PDF
-
Ficha de actividade. Carreira de remudas PDF