FALAREDES 2019
Os Bolechas. Somos unha gran familia
Os Bolechas non podían faltar á súa cita anual co FalaRedes. Sonia, Tatá, Pili, Loli, Carlos e Braulio, acompañados polo seu fiel can Chispa, pararán en 21 concellos da Rede de Dinamización Lingüística para falarlles aos máis pequenos da casa dos membros da familia.
Somos unha gran familia é unha actividade participativa protagonizada polos Bolechas e dirixida a nenos e nenas de 3 a 9 anos e ás súas familias. A través do teatro e do xogo, os rapaces e rapazas coñecerán o léxico referido ás relacións de parentesco e descubrirán a importancia da familia. A dinamización lingüística prolongarase tras a fin do espectáculo mediante un web interactivo onde o público poderá acceder a xogos e unidades didácticas, así como a un sorteo de libros dos Bolechas.
Axenda de FalaRedes 2019. Os Bolechas. Somos unha gran familia | |||
---|---|---|---|
Data e hora | Lugar | Concello | Provincia |
Venres, 14 de xuño, 19:30 horas | Salón de Actos da Biblioteca Pública | Barro | Pontevedra |
Venres, 28 de xuño, 19:00 horas | Salón Teatro | Lalín | Pontevedra |
Sábado, 29 de xuño, 12 horas | Local Social da Casa do Concello | A Bola | Ourense |
Sábado, 29 de xuño, 19 horas | Local Social de Brués | Boborás | Ourense |
Domingo, 30 de xuño, 12:30 horas | Centro de día dos Gozos | O Pereiro de Aguiar | Ourense |
Domingo, 30 de xuño, 20:00 horas | Salón de Actos do Concello | Pazos de Borbén | Pontevedra |
Sábado, 6 de xullo, 12 horas | Auditorio Municipal | Cerceda | A Coruña |
Sábado, 6 de xullo, 19:30 horas | Centro Sociocultural de Paiosaco | A Laracha | A Coruña |
Domingo, 7 de xullo, 11:30 horas | Auditorio Municipal | Muros | A Coruña |
Domingo, 7 de xullo, 18 horas | Casa da Cultura | Boqueixón | A Coruña |
Sábado, 13 de xullo, 12 horas | Sala Félix Rodríguez (área panorámica) | Tui | Pontevedra |
Sábado, 13 de xullo, 19 horas | Sala de Cultura da Casa de Concello | Mondariz-Balneario | Pontevedra |
Domingo, 14 de xullo, 19 horas | Sala Fonte do Lunar | Triacastela | Lugo |
Sábado, 20 de xullo, 12 horas | Auditorio Municipal | Rois | A Coruña |
Sábado, 20 de xullo, hora pendente de confirmar | Pendente de confirmar lugar | Boiro | A Coruña |
Domingo, 21 de xullo, 12:30 horas | Centro Social | Pontecesures | Pontevedra |
Xoves, 25 de xullo, 12:30 horas | Centro Cultural do Picouto | Ramirás | Ourense |
Xoves, 25 de xullo, 19:30 horas | Auditorio Pazo de Mos | Mos | Pontevedra |
Sábado, 27 de xullo, 12 horas | Centro Sociocultural Manuel Díaz Sampedro | Barreiros | Lugo |
Domingo, 28 de xullo, 12 horas | Grupo Escolar | Nogueira de Ramuín | Ourense |
Domingo, 28 de xullo, 20:30 horas | Pavillón Municipal | Oímbra | Ourense |