Volver

#ACULTURASEGUE

Dic dac docs. Adarme Visual

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

Proxecto audiovisual composto por 5 documentais didácticos de 7 minutos cada un, dirixidos a nenas e nenos de 2 a 7 anos, co obxectivo de que adquiran vocabulario en galego. Cada capítulo está dedicado a un tema (a cidade, a horta, a casa, a granxa e os medios de transporte), que será o eixo a través do cal os nenos descubrirán os elementos e as palabras en galego relacionadas con ese campo. Todos os capítulos están encadrados no ámbito galego e cunha referencia clara á xeografía e á cultura galegas.