O curso Celga 1 en liña que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha este 2021 renova e actualiza o existente ata agora e súmase aos cursos a distancia preparatorios para as probas de nivel Celga 2, Celga 3 e Celga 4. Esta nova versión terá unha modalidade titorizada para a que cómpre inscrición previa e outra de autoaprendizaxe dispoñible en aberto e de forma permanente no Portal da Lingua Galega, co cal se garante un acceso ilimitado á aprendizaxe do galego en calquera momento e desde calquera lugar. Nesta segunda modalidade as persoas usuarias van avanzando grazas aos exercicios de autorresolución e aos exemplos de resposta. Outra novidade está no feito de que parte dos materiais están adaptados á lectura fácil e, así, todas aquelas persoas que teñan dificultades lectoras e/ou de comprensión verán como o acceso á aprendizaxe lles resulta máis doado.
Aula de Galego 1 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel A2. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 1 e pódese atopar en librarías.
Nesta unidade imos coñecer os compañeiros de clase e facerlles recomendacións para aprender mellor o galego.
Nesta unidade imos presentar os nosos compañeiros de clase.
Nesta unidade imos deseñar unha casa ideal e buscar un compañeiro para compartir piso
Remita os seus estudantes á fotografía da portadiña e pregúntelles se coñecen o lugar que aparece nela ou se lles recorda a algún que coñezan
Móstrelles aos seus estudantes a fotografía da páxina 65 e pregúntelles onde se atopan esas persoas (nun parque)
Ensínelles aos seus estudantes a fotografía da páxina 56 e pregúntelles que prato están a preparar as dúas mulleres (polbo á feira).
Pregúntelles aos seus estudantes se saben que se ve na fotografía da portadiña
Remita os seus estudantes á páxina 97. Lea en voz alta o título da unidade e pregúntelles: Cando dicimos isto?