Volver

Premios aRi(t)mar 2020

Finalizado o prazo de votación, o publico escolleu Despedida de Sabela e Catavento da S de António Zambujo como mellores cancións galega e portuguesa, respectivamente

Os preto de cinco mil votos do público emitidos no certame aRi[t]mar galiza e portugal promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística determinaron que a gañadora e o gañador polo mellor tema musical publicado en Galiza e en Portugal en 2019 son, respectivamente, Sabela, con "Despedida" e António Zambujo, con "Catavento da Sé". Estes premios, xunto cos de poesía e o do embaixada da amizade, entregaránselles a artistas e poetas gañadores na Gala aRi[t]mar 2020.

Os seguintes temas máis votados, nos segundos postos, foron os de Guadi Galego por "Balada de verán" e Miguel Araújo con "Talvez se Eu Dançasse"; e os terceiros Baiuca (GZ) por "Fisterra", e Isaura con "Uma Frase Não Faz a Canção".