Volver

Concurso Balbino de Relatos

Edicións Fervenza e Técnicas & Gramaxe SL, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, os concellos de Boqueixón, Silleda e Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, coa conformidade da Fundación Xosé Neira Vilas, convocan a sétima edición deste certame literario.

O certame Balbino está aberto a todas as persoas que presenten en lingua galega textos inéditos de temática relacionada co rural, co mar ou coa emigración.

Establécese un premio de 1500 euros e a publicación da obra na Editorial Fervenza.

O prazo para presentarse remata o 30 de xuño de 2022.