Volver

XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)

O Concello da Estrada, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, convoca o XXXIV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades).

Poderán concorrer autores e autoras de calquera nacionalidade que presenten orixinais inéditos e escritos en lingua galega, agás os gañadores das últimas cinco edicións.

Os traballos deberán prensentarse por quintuplicado antes do 13 de maio de 2022.