Volver

III Premio Alberte Quiñoi de Álbum Ilustrado

O Concello da Estrada, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Editorial Galaxia, convoca a terceira edición do Premio Alberte Quiñoi para álbums ilustrados infantís de tema libre. 

As obras, que poderán presentarse en calquera medio ou soporte, deberán ser inéditas. O texto escrito e a liustracíon serán valorados por xunto e daráselles a mesma importancia.

Establécese un premio único de 4000 € para o gañador ou gañadora.

O prazo de presentación de orixinais remata o 11 de febreiro de 2023.