Volver

XXXV Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades)

O Concello da Estrada, en colaboraciónc oa Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades da Xunta de Galicia por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia convoca o XXXV Premio de Novela "Manuel García Barros" (Ken Keirades), cunha dotación económica de 9.000 euros.

Poderán concorrer ao premio autoras e autores que presenten orixinais escritos en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións.

O prazo de presentación de orixinais remata o 1 de abril de 2023.