Volver

Orde de subvencións a entidades locais para a promoción do uso da lingua galega

Resolución de concesión

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2017, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se conceden subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega, ao abeiro da convocatoria regulada na Orde do 6 de abril de 2017.

Orde do 6 de abril pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións ás entidades locais de Galicia para a promoción do uso da lingua galega e se procede á súa convocatoria (procedemento ED115A).

Poderán solicitar as axudas concellos ou agrupamentos de concellos con poboación igual ou superior a 3000 habitantes.

Haberá tres modalidades de axuda:

  • Creación dun servizo de normalización lingüística.
  • Mantemento ou reforzamento dun servizo de normalización lingüística.
  • Desenvolvemento de dinamización lingüística dunha entidade local carente de servizo de normalización lingüística.

En consonancia co Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a orde de convocatoria prevista para este ano reflicte como ámbito prioritario de actuación aumentar a presenza do galego no tecido económico empresarial para que, deste xeito, sirva de efecto multiplicador do fomento do galego na sociedade.

Esta convocatoria permite unicamente a tramitación electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, de acordo coas novidades normativas que entraron en vigor coa Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, e coa Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 2 de xuño de 2017.