Volver

Curtametraxes sobre Memorias dun neno labrego de Neira Vilas

Centro: IES Ramón María Aller Ulloa, Lalín (Pontevedra)
Curso: 2020-2021

O IES Ramón María Aller Ulloa tamén se quixo sumar á iniciativa da Fundación Xosé Neira Vilas de celebrar e institucionalizar o día 3 de novembro como Día de Xosé Neira Vilas, ao abeiro da conmemoración do seu nacemento. Para iso, o alumnado de 3º da ESO, coordinado polo profesor Suso Amboage, elaborou unha curta baseadas en dous relatos da súa obra Memorias dun neno labrego.