Volver

Santiago perdeuse no Camiño

Centro: CEIP Agro do Muíño, Ames (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Santiago perdeuse no Camiño é o título desta curta en stop motion que relata unha anécdota que lle aconteceu ao peregrino Santiago ao percorrer o Camiño. O alumnado de 2º B do CEIP Agro do Muíño responsabilizouse de todo o proceso, desde o deseño dos decorados e a realización dos bonecos ata a toma de fotografías e a gravación dos audios.