Volver

Curtametraxe Dona Landra no río revolto

Centro: CEIP plurilingüe A Pedra, Bueu (Pontevedra)
Curso: 2020-2021

A curta Dona Landra no río revolto, realizada polo alumnado de 1º de educación primaria do CEIP A Pedra, acaba de ser premiada no festival internacional FICBUEU. A peza, unha dura crítica aos efectos do ser humano no medio natural, compleméntase cun podcast onde o alumnado explica como realizou este traballo tan comprometido co noso planeta.