Volver

Publicistas por un día

Centro: IES de Allariz, Allariz (Ourense)
Curso: 2021-2022

Os alumnos e as alumnas de Anatomía Aplicada do IES de Allariz convertéronse en publicistas dunha empresa ficticia encargada de fabricar diferentes tipos de tecidos humanos a partir de células nai. Cada persoa encargouse de promocionar un tecido humano, mediante a realización dun vídeo. Nel tiña que aparecer o tipo de tecido, a descrición, a súa función etc. Ademais, tamén debía figurar o prezo e o tipo de células nai se ían empregar para que non houbese dilemas éticos. Velaquí tedes un exemplo.