Volver

Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño

Centro: CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza, Santa Comba (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño é un proxecto de recuperación e transmisión do patrimonio inmaterial e unha homenaxe á tradición oral dos cantos de berce e arrolos de Galicia e doutros lugares.

No web do centro podemos atopar, ademais de arrolos galegos, tamén outros do Brasil, Venezuela, Romanía, Polonia e Marrocos cantados por alumnado do centro.