Eu fixen ouigha co espírito de Castelao
Centro: CPI Plurilingüe de Vedra, Vedra (A Coruña)
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Eu fixen ouigha co espírito de Castelao é o título dun orixinal audiovisual realizado polo alumnado de 4º de ESO do CPI Plurilingüe de Vedra para homenaxear o insigne autor rianxeiro. A curtametraxe recibiu o segundo premio no Certame de Curtas da Asociación Socio-Pedagóxica Galega. Parabéns ao alumnado participante e á súa profesora polo traballo!