Volver

Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego de Escolas Católicas de Galicia

Escolas Católicas de Galicia organiza, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da editorial Rodeira-Edebé, o Premio Irmán Reboiras ás Mellores Iniciativas de Fomento do Galego, co obxectivo de impulsar a dinamización da lingua, recoñecer o labor realizado neste ámbito polos EDLG e os seus membros, e dar a coñecer e compartir os seus logros máis significativos en prol do coñecemento e uso da lingua galega.

Poderán presentar candidaturas todos os centros pertencentes á rede de Escolas Católicas de Galicia. O prazo límite para as enviar finaliza o día 10 de novembro de 2022.

A entrega dos dous premios á  mellor iniciativa de fomento do galego e ao seu EDLG realizarase o 18 de novembro, no marco da  XVIII Xornada de Normalización Lingüística.