Volver

Certame Ouff Escola 2023

O Certame de Cinema OUFF Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O Certame de Cinema Internacional Escolar nace co obxectivo de impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas.

Esta iniciativa encádrase como ferramenta dentro da Directiva Europea de Alfabetización Mediática, que procura darlle formación á mocidade sobre o coñecemento e a avaliación do audiovisual.

Poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega, sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsable do proxecto.

Haberá premios para as dúas categorías establecidas: infantil e primaria, por unha banda, e outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son), por outra.

A inscrición deberá formalizarse antes do 10 de xullo de 2023.