Volver

Vídeos gañadores Nós tamén creamos! 2024/2025

Resolución dos premios a curtas de animación en galego Nós tamén creamos! 2024/2025

Resolución da XIII edición dos premios a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización lingüística Nós tamén creamos!, da Secretaría Xeral da Lingua e da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO Editora.

A Comisión de Selección, logo de avaliar as curtas presentadas á XIII edición, resolveu outorgar os seguintes galardóns.

Categoría 1 (2º ciclo de educación infantil)

Primeiro premio: Árbores no camiño, do CEIP Xesús Golmar, de Lalín (Pontevedra)

Accésit: O avó de Zulaimar, do CEIP Manuel Folla Respino, de Vilamartín de Valdeorras (Ourense)

Categoría 2 (1º e 2º de educación primaria)

Primeiro premio: Valentina nunca calas..., do CEIP Alfonso Rodríguez Castelao, de Vigo (Pontevedra)

Accésit: Coas mans baleiras, do CEIP da Espiñeira-Aldán, de Cangas (Pontevedra)

Categoría 3 (3º e 4º de educación primaria)

Primeiro premio: Navega, caracol, do CEIP Emilia Pardo Bazán, da Coruña

Categoría 4 (5º e 6º de educación primaria)

Primeiro premio: O avó de Zulaimar, do CEIP Santo André de Xeve, de Pontevedra

 

Curtas baseadas en libros

Nesta edición, as curtas debíanse basear nalgún dos seguintes libros en galego de OQO editora, que se lles enviaron tanto aos centros educativos participantes no programa como aos que o fixeron de forma libre no certame:

Navega, Caracol! Autor: Armando Quintero. Ilustrador: André Letria

O avó de Zulaimar. Autor: Juan Carlos Méndez Guédez. Ilustradora: Elsa Klever

Pétala. Autor: Pep Bruno. Ilustrador: Luciano Lozano

Troco. Autor: Roberto Castro. Ilustradora: Margherita Micheli

Valentina, nunca calas, e o monstro da media cara. Autora: Charo Pita. Ilustradora: Marjorie Pourchet

Taller de corazóns. Autor: Arturo Abad. Ilustrador: Gabriel Pacheco

Coas mans baleiras. Autora: Ana Tortosa. Ilustradora: Cecilia Varela

Árbores no camiño. Autor: Régine Raymond-García. Ilustradora: Vanina Starkoff

Verlioka. Autora: Patacrúa. Ilustrador: Magicomora

O embigo de Xanecas. Autor: Ramón Aragüés Peleato. Ilustradora: Francesca Chessa

A princesa que bocexaba a todas horas. Autora: Carmen Gil. Ilustradora: Elena Odriozola.

O cazador e a balea. Autora: Paloma Sánchez Ibarzábal. Ilustrador: Iban Barrenetxea

Convocatoria

A Secretaría Xeral da Lingua da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convocan o concurso de curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa Nós tamén creamos! para o curso académico 2024/2025.

Concurso:

Establécense catro categorías, con cadanseu premio:

  • Categoría 1: destinada a curtas realizadas con alumnado do segundo ciclo de educación infantil
  • Categoría 2: destinada a curtas realizadas con alumnado de primeiro e segundo de educación primaria
  • Categoría 3: destinada a curtas realizadas con alumnado de terceiro e cuarto de educación primaria
  • Categoría 4: destinada a curtas realizadas con alumnado de quinto e sexto de educación primaria

Ademais, poderá concederse, a xuízo da Comisión de Selección, un accésit para cada categoría.

O profesorado participante nas curtas premiadas recibirá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa para cada unha das categorías, cunha equivalencia de 30 horas de formación permanente do profesorado para a persoa coordinadora e de 20 horas para o profesorado participante. De ser o caso, o profesorado que participe nas curtas recoñecidas cun accésit recibirá unha certificación de Accésit.

Aos colexios entregaráselles, ademais dun lote de libros, un contrasinal de entrada a unha plataforma de contidos dixitais en galego para poder acceder aos álbums ilustrados, sen necesidade de manipulalos, durante o curso 2024-2025.

Os centros públicos admitidos no programa Nós tamén creamos! no marco do Plan Proxecta+ quedarán inscritos de oficio no certame. Para os outros centros de titularidade pública que non estean en Proxecta, o prazo de presentación das solicitudes a través da sede electrónica da Xunta de Galicia será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria. A data límite de envío das curtametraxes será o 30 de abril de 2025.