VI Premio Morales 2026
O VI Premio Morales para a Promoción da Lingua Galega no Bierzo e Sanabria está dirixido a alumnado adscrito ao programa para a promoción do idioma galego no Bierto e na Seabra (Lubián).
Hai dúas categorías:
1. Debuxando a poesía. Para educación infantil e primaria.
2. Poetizando ou narrando a poesía. Para educación secundaria ou bacharelato.
O prazo para participar no certame rematará o día 5 de decembro de 2025.
Todos os traballos seleccionados, 12 en cada categoría, terán como premio a publicación das súas creacións nun Calendario 2026 que será distribuído por todo o Bierzo e na Seabra.