Volver

Premios do XVI Certame de Cinema Ouff Escola

O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral da Lingua, que ten como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo. Así mesmo, pretende potenciar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación nos centros de ensino e crear un espazo de referencia para a mostra do audiovisual feito nas aulas. O Certame vai destinado a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, así como a aqueles de fóra da nosa Comunidade que teñan materias en lingua galega.

Nesta XVI edición, o xurado acordou conceder os seguintes premios:

Categoría A. Infantil e primaria

Categoría B. Outros niveis de ensino non universitario

  • Primeiro premio: Estou contigo, do IES de Chapela, Redondela (Pontevedra)
  • Segundo premio: Coma lobos, do IES de Chapela, Redondela (Pontevedra)
  • Terceiro premio: Estrobo, do colexio María Assumpta de Noia (A Coruña)
  • Premio Blanco Amor ao mellor guión: Caldaloba, do IES Río Miño, Rábade (Lugo)