Volver

XVI Premio Frei Martín Sarmiento

Centro: Escolas Católicas de Galicia, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019-2020

A especial sensibilidade que amosa Escolas Católicas de Galicia pola promoción da lectura en galego maniféstase nas múltiples iniciativas que desenvolve esta institución ao longo do curso. Entre as máis destacadas está o Certame Frei Marín Sarmiento, un galardón que premia as obras máis recoñecidas entre o alumnado destes centros.

Os máis de 2.000 alumnos e alumnas participantes na décimo sexta edición do premio literario Frei Martín Sarmiento decidiron, coas súas votacións, quen eran as obras e autores ou autoras merecedores dos ditos galardóns:

Os textos e a música de Xoán Curiel en A Casa do terror “amedrentaron” os máis pequenos; as ilustracións de Lidia Nokonoko e os versos de Concha Blanco en Macedonia de versos puxéronlle as rimas e o ritmo ao alumnado de 1º e 2.º de primaria na primeira categoría; María Reimóndez, coa súa obra O xeito das froitas conseguiu engaiolar o alumnado de 3.º e 4.º de primaria coa súa achega a outros xeitos de vivir desde a esperanza, o humor e a fantasía ; a historia inclusiva e emotiva contada por David Daniel en Brian, o chinés conquistou o alumnado de 5.º e 6.º ; Elia Barceló, con O efecto Frankenstein, unha homenaxe a Frankenstein que ofrece unha lección de historia e de igualdade entre os sexos e traducida por Belén Rodríguez Suárez, conseguiu o recoñecemento da 6.ª categoría;  Novo Mundo. Isabel Zendán na expedición da vacina, onde se conta a gran xesta realizada por esta coruñesa exemplar, foi a obra seleccionada na categoría de cómic e banda deseñada e, por último, Carlos Vila Sexto é o recoñecido polo alumnado e o público adulto na sexta categoría coa obra O pasaxeiro 19 que obriga as lectoras e os lectores a repensar unha intrigante historia de crime e misterio.

FINALISTAS XVII FREI MARTÍN SARMIENTO

O acto de entrega destes recoñecementos, que estaba previsto para o mes de maio, quedou posposto para o de novembro por mor da crise sanitaria e o estado de alarma, mais o proceso de selección dos finalistas da próxima edición continuou. Velaquí, os autores e obras finalistas da XVII edición do Premio Literario Frei Martín Sarmiento:

Finalistas XVII edición

INFANTIL

A fraga do meu avó. Mamá Cabra. Galaxia.

Se che pica un mosquito. Jordi Gastó. Kalandraka

1.ª CATEGORÍA (1.º, 2.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

Hércules e o xigante. Unha torre de lenda. Henrique López. Hércules de Ediciones

A banda de Raimunda. Pablo Nogueira. Baía

2.ª CATEGORÍA (3.º, 4.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

Animalia. 2 Branco. Xosé Tomás. Xerais

Astro Rato e Lampadiña en Patacator Cocido. Fermín Solís. El Patito Editorial.

3.ª CATEGORÍA (5.º, 6.º DE EDUCACIÓN PRIMARIA)

Conta nove estrelas. Andrea Maceiras. Xerais

Os peloteiros. Patricia Mallo. Galaxia

4.ª CATEGORÍA

Unha cidade chamada perfecta. Helena Duggan. Traducida por Moisés Rodríguez. Sushi Books

Maneiras de vivir. Luis Leante. Traducida por Belén Rodríguez Suárez. Rodeira-Edebé

5.ª CATEGORÍA

Aqueles momentos que perdemos. Xavier Estévez. Oqueleo

Ardora. Beariz Maceira Abeleira. Urco Editora.

6.ª CATEGORÍA

Beleza Vermella. Arantza Portabales. Galaxia

Os nomes do vento. Juan Andrés Fernández. Fervenza