Volver

Lusofonía

Centro: IES do Milladoiro, Ames (A Coruña)
Curso: 2020/2021

O EDLG do IES do Milladoiro de Ames celebrou o Día da Lingua Portuguesa con distintas actividades radiofónicas. Por unha banda, o grupo de 3º ESO C gravou un programa específico sobre esta conmemoración, por outra, o grupo de 4º ESO fixo outro programa especial, para o 25 de abril, día da Revolución dos Cravos. Na emisora MillaFalaDoiro poderedes escoitar os dous podcasts.