Volver

Curta A orixe da nosa lingua guapa

A película A orixe da nosa lingua guapa é unha produción de ficción da Real Academia Galega para explicarlle ao público máis novo como foi o proceso de formación do galego.

O filme pode verse na páxina web primaveradasletras.gal, o proxecto da RAG dirixido ao público de infantil, primaria e os primeiros cursos da secundaria. Con el bota a andar unha nova sección deste espazo, “Lingua Guapa”, que divulgará contidos sobre a lingua e a cultura galegas alén dos que esta páxina web xa ofrece desde 2016 sobre a personalidade á que a institución lle dedica cada ano o Día das Letras Galegas.