Volver

Convocatoria do concurso para elaborar a exposición sobre Francisco Fernández del Riego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua de Francisco Fernández del Riego, o autor homenaxeado en 2023 no Día das Letras Galegas, e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Poderán participar os centros docentes de ensino público non universitario dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Concederanse dous premios, un para cada unha das dúas categorías de participación.

  • Categoría A: educación infantil e primaria
  • Categoría B: educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensinanzas de réxime especial

O centro que elabore a exposición gañadora de cada categoría recibirá un premio en metálico por un importe de 2 000 €.

O profesorado que participe de forma activa na elaboración das exposicións gañadoras recibirá unha certificación de primeiro premio de innovación educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado (30 para a persoa coordinadora).

O prazo de presentación dos traballos finalizará o día 20 de xaneiro de 2023.