Volver

Gala de entrega de premios aRi[t]mar galiza e portugal.

Centro: EOI Santiago de Compostela, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2025-2026

Este 30 de outubro, a partir da 20.30 h, celebrarase no Auditorio de Galicia a gala de entrega de premios aRi[t]mar galiza e portugal. O certame, organizado pola EOI de Santiago de Compostela e apoiado, entre outras institucións, pola Secretaría Xeral da Lingua, ten por obxectivo divulgar a música e a poesía galegas e portuguesas actuais.

As obras galardoadas nas diferentes categorías son: Quererse ben, Mondra (mellor canción galega), Amor de ferro, Diogo Piçarra e Pedro Abrunhosa (mellor canción portuguesa), Onde imos agora, Elba Pedrosa (mellor poema galego), Nao sei voar mas tenho, Catia Cardoso (mellor poema portugués).