Volver

Curtametraxe "O Espello"

Centro: IES Valadares, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

Primeiro traballo audiovisual de animación, realizado en stop motion, das alumnas do bacharelato de artes Iria Gómez e Paula Blanco, do IES de Valadares, coordinadas polo seu profesor, Alex Mene, que acaba de recibir o Premio á Mellor Curtametraxe de Animación na categoría de 16 a 19 anos, do eMove International Festival, no que participan estudantes de todo o mundo.

Esta curta, "O espello", rodada en galego con subtítulos en castelán e inglés, aborda a construción da propia identidade na adolescencia para responder a gran pregunta: quen son eu?

Parabéns por este importante recoñecemento!