Volver

Refráns en igualdade

Centro: EPAPU de Ourense
Curso: 2025-2026

O coordinador do EDLG da EPAPU de Ourense, este 25N, propúxolle ao seu alumnado reflexionar sobre a presenza de ideas e crenzas inaceptables nunha sociedade igualitaria no refraneiro tradicional.

O produto final desta reflexión foi este fermoso vídeo no que o alumnado cambiou varios destes refráns e frases feitas por mensaxes de respecto, igualdade e liberdade sen contidos machistas.

Acompañáronnos con música e letras actuais cunha mensaxe: "Dá igual que soe a reggaeton, a pop, a rock, a piropo, a amor romántico ou a sabedoría popular, a violencia de xénero é o que é, e sempre soa mal".