Volver

Xincana turística

Centro: IES Rosalía de Castro, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2015 - 2016
  • Xincana turística

    Xincana turística

O Ciclo Superior de Animación Sociocultural e Turística e mais o EDLG do IES Rosalía de Castro de Santiago organizan unha xincana turística o luns, 14 de novembro de 2016, nas prazas do centro histórico da cidade.
Parte do alumnado deste ciclo -no seu papel de actores e actrices- estará situado en cinco das prazas de Compostela (Toural, Praterías, Obradoiro, Fonseca, Alameda) representando diferentes escenas relacionadas co mundo do cinema. Outros cinco grupos de alumnos e alumnas -concursantes- realizarán un percorrido polas prazas, onde os personaxes os someterán a diversas probas e enigmas que terán que resolver. A actividade vaise realizar entre as 16.30 e as 18.00 horas.