Volver

Conmemoración: 90 anos de De catro a catro

Centro: CIFP Manuel Antonio, Vigo (Pontevedra)
Curso: 2017 - 2018
  • Conmemoración: 90 anos de De catro a catro

    Conmemoración: 90 anos de De catro a catro

O próximo 27 de marzo cúmprense os 90 anos da publicación do De catro a catro e o CIFP Manuel Antonio organiza un programa de actividades específico para celebralo:

  • do 19 ao 23 de marzo teñen instalado un espazo cele dedicado a Manuel Antonio e á súa obra na biblioteca e organizaron unha lectura colectiva dos 19 poemas do libro na que colaboraron diferentes centros galegos, nacionais e internacionais: o CIFP Manuel Antonio de Vigo (Galicia), o CEG de Granada (Andalucía), a EOI de Ponferrada (Castela e León), o CEG de Zadar (Croacia), o IE Cañada Blanch de Londres (Reino Unido), o IES As Barxas de Moaña (Galicia), o CEG de Vitoria (País Vasco), o CEG de Budapest (Hungría), o CEG de Roma (Italia), o CEG de Cork (Irlanda), o CEG de Padua (Italia), o CEG de Varsovia (Polonia), o CEG de Braga (Portugal), o IES Alexandre Bóveda de Vigo (Galicia), o IES Álvaro Cunqueiro de Vigo (Galicia), o CEG de Estremadura (Estremadura), o CEE López Navalón de Santiago de Compostela (Galicia) e o IG Santiago Apóstol de Buenos Aires (Arxentina).
    https://cifpmanuelantonio.wixsite.com/edlg/single-post/2018/03/19/Celebraci%C3%B3n-do-d%C3%Ada-da-poes%C3%Ada-21-de-marzo-de-2018
    Lista de reprodución cos diferentes vídeopoemas na canle de youtube do EDLG:

    Se a queredes embeber nalgún lado, este é o código:
    < iframe width="853" height="480" src="https://www.youtube.com/embed/videoseries?list=PL_hJsuwjYfs6-Mb1PMY1lJBcRy753TCtu" frameborder="0" allow="autoplay; encrypted-media" allowfullscreen>
  • En febreiro realizaron o I Concurso de Micropoemas de Amor e Soidade, inspirado na obra de Rosalía de Castro e de Manuel Antonio. Ademais de divulgar as obras de Rosalía e Manuel Antonio, o concurso logrou fomentar a creación de obras orixinais en galego.
    Concurso: https://cifpmanuelantonio.wixsite.com/edlg/single-post/2018/02/15/I-Concurso-de-Micropoemas-de-amor-e-soidade
    Micropoemas gañadores: https://cifpmanuelantonio.wixsite.com/edlg/single-post/2018/03/16/Ga%C3%B1adores-do-I-Concurso-de-Micropoemas-de-Amor-e-Soidade
  • Durante os meses de xaneiro e marzo fixeron un obradoiro de graffitis que culminou na elaboración, por parte do alumnado do centro, dun mural colectivo inspirado na figura de Manuel Antonio e no seu libro De catro a catro. O mural forma xa parte da identidade do centro e achegoulle a figura do autor á nosa comunidade educativa.
    Vídeo resumo da elaboración do mural na canle de youtube do EDLG:
  • En febreiro artellaron un roteiro literario polo Vigo de Manuel Antonio e das Vangardas, coa colaboración do alumnado dos CFGS de Turismo do centro, que serviu para traballar a vida e obra de Manuel Antonio e a súa pegada na cidade de Vigo.
    Vealquí tedes as fotos da andaina:
    http://www.edu.xunta.gal/centros/cifpmanuelantonio/node/1683