Volver

XIV Xornada de Normalización Lingüística

Centro: Centros Ferega
Curso: 2018-2019
  • O 23 de novembro no Consello da Cultura Galega

    O 23 de novembro no Consello da Cultura Galega

Escolas Católicas de Galicia organiza, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, a XIV Xornada de Normalización Lingüística dirixida, un curso máis, a todo o profesorado de centros públicos, concertados e privados de Galicia. O programa ofrece propostas moi variadas, desde o relatorio de Clodio González sobre estratexias didácticas para coñecer a figura de Antón Fraguas ata unha mostra de experiencias dinamizadoras relacionadas con distintos eidos: a ciencia, a banda deseñada ou os xogos tradicionais, entre outros. A actividade desenvolverase o 23 de novembro no Consello da Cultura Galega.

As persoas interesas en inscribirse poden facelo ata o 20 de novembro en www.escolascatolicas.es/xornada-dinamizacion-linguistica/