Volver

Cantando a Carvalho Calero

Centro: CEIP Calvo Sotelo, O Carballiño e CPI Virxe da Saleta, San Cristovo de Cea (Ourense)
Curso: 2020/2021

Velaquí o proxecto que realizaron dous profesores do CEIP Calvo Sotelo e do CPI Virxe da Saleta, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Está principalmente pensado para o uso educativo nas áreas de Educación musical e de Lingua galega e literatura, tanto de primaria e secundaria. Os especialistas en educación musical poderán traballar a obra de Carvalho Calero co formato dunha cantiga próxima ao noso folclore no contexto escolar, e o profesorado de lingua galega logrará dar a coñecer o tesouro da poesía de Calero entre o seu alumnado.