Volver

IX Mostra de Entroido da Ulla en Lamas de Abade

Centro: CIFP Compostela, CEEPR Aspanaes-Duques de Lugo, CEIP Lamas de Abade, EI Raiola, IES Lamas de Abade, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Logo das dificultades do curso 2020-2021 para celebrar presencialmente este evento, o EDLG do CIFP Compostela volve organizar a IX edición desta singular mostra en colaboración con todos os centros educativos de Lamas de Abade. Alén da presentación das troteiras e troteiros característicos do Entroido da Ulla, este curso tamén desfilarán pola aldea os follateiros de follateiras de Lobios (Ourense) acompañados polo grupo musical Abadiño Son.