Volver

#ACULTURASEGUE

Pedagoxía hospitalaria. Atención educativa na contorna pediátrica.

Esta obra de María Elena Sobrino Fernández está destinada en especial ao profesorado das aulas hospitalarias e en xeral a todos os docentes que teñan nalgún momento alumnado hospitalizado.

A pedagoxía hospitalaria diríxese a un alumnado que acode a un centro sanitario por padecer unha doenza grave que afecta a súa vida cotiá, a súa contorna habitual e a súa formación académica. No labor pedagóxico, é necesario atender unha gran variedade de aspectos co obxectivo de tomar conciencia da contorna sanitaria na que se desenvolve a Aula Hospitalaria que se verá condicionada a unhas características particulares que a fan diferente con respecto a outros ámbitos educativos.

As actividades que se ofrecen desde a Aula Hospitalaria promoven en especial o desenvolvemento da linguaxe e a libre expresión, tanto por motivos formativos como terapéuticos, e coidan a comunicación fluída na lingua galega.