Volver

Aquí tamén se fala na radio do Proxecto NEO

Centro: IES Perdouro, Burela (Lugo)
Curso: 2023 - 2024

Desde o programa radiofónico do Proxecto Neo, o alumnado e o profesorado do IES Perdouro de Burela, co inestimable apoio de Bernardo Penabade, están a colaborar de forma moi activa na difusión da campaña "Aquí tamén se fala", un proxecto orixinado no IES Rafael Dieste da Coruña que xa conta con máis de 170 centros adheridos en toda Galicia.

No seu programa 406 podedes escoitar as respectivas crónicas do profesorado responsable no IES María Sarmiento de Viveiro e no IES Nº 1 da Estrada; un exemplo máis do magnífico labor semanal a prol da lingua galega desta iniciativa de diálogo intercultural, que está en antena todos os mércores entre as 5 e as 6 da tarde desde hai máis dunha década e que nos pode acompañar en calquera lugar do mundo a través da radio á carta.