XII Mostra de Entroido da Ulla
Curso: 2024-2025
Este ano, a Mostra de Entroido estará centrada no Folión de Mormentelos, con exhibición dos seus elementos patrimoniais, os seu vestiario, a súas danzas etc. A comitiva estará acompañada pola agrupación Abadiño Son, formación de música tradicional integrada por estudantes e docentes dos centros organizadores e mais os Xenerais da Ulla, que farán de anfitrións.
Poderase seguir por streaming, o vindeiro 21 de febreiro, a partir das 10.00 h desde calquera dispositivo con conexión a Internet, a través desta ligazón ao web do CIFP Imaxe e Son da Coruña, que tamén colabora na organización do evento.
Esta iniciativa comezou a súa andaina no curso 2013/2014 e veu desenvolvéndose de xeito ininterrompido ata a actualidade. Ao longo deste tempo, abordou a tradición do Entroido galego desde perspectivas diferentes e xenuínas (os xenerais da Ulla de Couso-A Estrada, Viana do Bolo-Vilariño de Conso, Cobres-Vilaboa, Laza, Santiago de Arriba-Chantada, Verín, Bande, Arcos-Mazaricos, Lobios, Entrimo etc.).