Volver

Entroido no CEIP Pérez Viondi

Centro: CEIP Pérez Viondi, A Estrada (Pontevedra)
Curso: 2025-2026

O CEIP Pérez Viondi está inmerso nos numerosos festexos do Entroido tradicional xa que, como cada ano, xunto con outros colexios de toda Galicia, participan na Mostra do Entroido Galego en Compostela, que nesta ocasión homenaxea os Galos da Mezquita (Ourense).

Como mostra deste enriquecedor traballo, podemos ver a presentación previa que preparou o alumnado, os espectaculares “puchos de galo” que elaboraron; as comandas que convidan a que a comunidade educativa se disfrace ou as creativas disputas dialécticas (atranques) das súas “xeneralas” da Ulla.