Viva o Entroido vivo! Lingua, festa e comunidade (exposición)
Centro: CIFP Compostela, CEIP Lamas de Abade, IES Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago, Santiago de Compostela; CEIP Pérez Viondi, A Estrada
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
Proxecto galardoado na 13ª edición do Premio Antonio Fraguas Fraguas, que promove dende 2004 a fundación do mesmo nome co patrocinio da SXL. Nesta ocasión, o xurado valorou a participación conxunta dos centros escolares da contorna da Ulla e o traballo desenvolvido, durante máis dunha década, a prol da divulgación das distintas manifestacións etnográficas e culturais do Entroido galego. Tamén se premiou a presenza de mulleres en actividades nas que tradicionalmente estaban infrarrepresentadas, como os altos, vivas ou atranques.