Volver

GALEFAS. Campaña de promoción lingüística

Centro: CEP de Campolongo, Pontevedra
Curso: 2018-2019
  • Campaña Carné GALEFAS

    Campaña Carné GALEFAS

No CEP de Campolongo van desenvolver unha iniciativa de promoción da lingua galega que xa se realizou en cursos anteriores e con moito éxito no CEIP Isidora Riestra de Poio. Trátase dunha campaña na que se propoñen tres niveis de fomento da oralidade que os alumnos e alumnas irán superando:

  • MOUCHO ou observador: é o que fala galego de cando en vez
  • GOLFIÑO ou imitador: é quen fala galego cando outras persoas o falan
  • DINOSAURO ou enxebre: é quen fala galego case sempre ou sempre