Volver

Vídeos con recitado, murais e visita á casa de Rosalía de Castro

Centro: CEIP San Clemente de César (Caldas de Reis, Pontevedra)
Curso: 2018-2019

O alumnado conmemora o Día de Rosalía de Castro recitando os seus poemas e elaborando pancartas de inxustizas sociais que aínda perduran e que xa a autora denunciaba noutrora: a emigración, a desigualdade, o acoso laboral, o machismo e as violacións. Nas seguintes ligazóns podedes ver algúns vídeos destes traballos.